domingo, 25 de julio de 2010

Días de devoción

Este Xacobeo estouno vivindo de xeito moi especial e de primeira man dende dentro. Paso horas e horas entre os muros da catedral escoitando as misas de fondo (tres ó día!), o impresionante órgano mecendo co seu son o Botafumeiro... e non precisamente por devoción: por traballo. Entro e saio varias veces ó día, e vexo moitísima xente. Uns chegan emocionados, despois do grande esforzo, case todos agotados, e as máis das veces desorientados.
A tradicional entrada por Acibecherías (a cor negra do acibeche é como a mancha do pecado) e a saída por Praterías ( brillante e libre de pecado) este ano é ó revés, todo para que a organización dos miles e miles de persoas que entran ó día sexa un pouco máis sinxela.
E outros chegan co corazón cheo de devoción e de fe, e eses son os que máis me sorprenden, supoño que pola falta dela que eu teño.
Aquí deixo unha pequena mostra.


Santiago de Compostela, 2010.
Feliz día de Galicia!

1 comentario:

  1. qué suerte la tuya!!!....eso si que es un lugar para trabajar y lo demás son tonterías!!

    ResponderEliminar