lunes, 25 de enero de 2010

Mogor




Y salió el sol!
Mogor. Enero 2010.

2 comentarios:

  1. Verdadeira metáfora do país. Velaí un piñeiro, dos bos e xenerosos, resistindo a entrada en escea do eucalipto invasor. Aínda que disfrace a súa entrada polo centro-esquerda non nos engaña. E non me veñades con que o piñeiro tamén é unha especie alóctona e con que o de aquí é o Quercus. Pondal non falou do queixume das landras. E deixouno claro:

    Os bos e xenerosos
    a nosa voz entenden
    e con arroubo atenden
    o noso ronco son.
    Mais sós os ignorantes,
    e féridos e duros,
    imbéciles e escuros,
    non nos entenden.

    Pero, vaia, que eu todo isto púxeno porque saían dúas polas na foto. Que tamén se ven as Ons ao fondo e non se me dou por aí... Depende do día. Non vai ser todo fútbol...

    ResponderEliminar
  2. Vaia por Deus; esquecín poñerlle til a "póla"; que así parece que vexo dúas pitas...

    ResponderEliminar