martes, 16 de marzo de 2010

"Mamadú"


"Mamadú" é de Senegal. Leva 21 anos vivindo aquí, e di que en Pontevedra síntese na casa. É un tipo alto e fuertote, e ós 41 anos que di ter, non loce unha soa enruga na cara, e penso eu, vantaxes de pertencer a esa raza de seres humanos que unha vez (e ainda hoxe alguén o pensará na súa ignorancia) foron considerados inferiores e non dignos de ser tratados coma persoas...
O que sí loce na sua cara son os dentes cando sorrí, brancos e perfectamente aliñados. E sorrí moito, eh?
Leva 21 anos aquí e é feliz. E dí que aquí vive ben, sale, disfruta da vida, dalle uso ós cartos que gaña, non sempre do mellor xeito, pero él di que hai que disfrutar. E ten toda a razón...
Pero aproveitando que quedou no paro recentemente vai marchar ó seu pais un par de meses a ver á súa familia, que xa toca. E alí todo debe de ser tan distinto: el vai cos seus cartos na carteira, con esa filosofía da vida herdada da vida fácil que temos aquí... pero cando ve ó seu veciño que non ten nin que comer... saca os cartos da carteira e dallos. ¿E como non?, penso eu. Bueno, habería que facer unha enquisa para saber cantos de aquí faríamos o mesmo... sobre todo sabendo que en dous meses tes que marchar a Europa de novo a gaña-los cartos.
Pero hai algo de Mamadú (léase con esa "d" que non é nin "d" nin "t", e a saber como se escribe... ¿Mamadou?) que me gustou especialmente e que o fixo digno deste post: fala galego tan ben coma min, e mellor que moitas das persoas que coñezo. Cos "arrecarallos" propios da lingua coloquial e algunha "gheada" tamén. O que demostra, sen querer entrar en discusións políticas e desagradables, que co galego podes chegar a onde queiras, ata Senegal incluso... pode que Mamadú ande por alí de vacacións!
¡Moita sorte, "amigho"!

2 comentarios:

  1. arre carallo; se o volvemos atopar, paghámoslle unha coca-cola.

    ResponderEliminar
  2. Chegou das Américas un home rico e trouxo consigo un negriño cubano coma quen trai unha mona, un papagaio, un fonógrafo...
    O negriño foi medrando na aldea, onde deprendeu a falar con enxebreza, a puntear muiñeiras, a botar aturuxos abrouxadores.
    Un ano morréu o home rico e Panchito trocóu de amo para ganar o pan. Co tempo fíxose mozo comprido, sen máis chatas que a súa coor... Aínda que era negro coma o pote, tiña gracia dabondo para facerse querer de todos. Endomingado, con un caravel enriba da orella e unha ponla de malva na chaqueta, parescía talmente un mozo das festas.
    Unha noite de estrelas xurdéu no seu maxín a idea de saír polo mundo á cata de riquezas. Tamén Panchito sintéu, como todos os mozos da aldea, os anceios de emigrar. E unha mañán de moita tristura gabeóu polas escaleiras dun trasatlántico.
    Panchito ía camiño da Habana e os seus ollos mollados e brilantes esculcaban no mar as terras deixadas pola popa.
    Nunha rúa da Habana o negro Panchito tropezóu cun home da súa aldea e confesoulle saloucando:
    - Ai, eu non me afago nesta terra de tanto sol; eu non me afago con esta xente. ¡Eu morro!
    Panchito retornou á aldea. Chegóu probe e endeble; pero trouxo moita fartura no corazón. Tamén trouxo un sombreiro de palla e máis un traxe branco...

    Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
    Cousas.

    ResponderEliminar